Verdegaia - Ferrol

1ª Andaina polo río Baa

ADEGA, a Plataforma en Defensa dos Camiños, a Plataforma de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo, a Sociedade Galega de Historia Natural e VERDEGAIA organizan a 1ª Andaina Polo Río Baa polos concellos de Fene e Cabanas.

            Este roteiro levarase a cabo o sábado 14 de abril, con saída ás 11.00 horas e hora de chegada prevista ás 16.30 horas. A distancia é de 3,5 quilómetros.


ImaxeRoteiroRíoBaa


 

Lugar de Encontro: Na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe.

 

Prevese facer unha parada no muíño para comer (cada un debe traer a súa comida).

 

 

 

Hai anos, antes da chegada do Polígono Industrial de Vilar do Colo, era doado facer rotas a pé polas beiras do río Baa seguindo os múltiples carreiros que os vecinos utilizaban para transitar entre as distintas parroquias da zona ou para achegarse ás súas terras. Naqueles tempos, cando aínda non había tres coches por cada casa, a xente usaba estas vías de comunicación para poderse achegar ao médico, para ir ás feiras ou para axudar á familia ou veciños nas labores agrarias que eran a base fundamental da economía familiar. Esta andaina pretende ser o inicio da recuperación deses camiños case esquecidos que só os lugareños temos na nosa memoria.

 

O roteiro transcorre polos montes de Prismos, un lugar dunha grande riqueza medioambiental e etnográfica onde se conxuga a beleza das súas paisaxes coa existencia de vestixios ancestrais nos que se conservan tradicións milenarias.

 

 

 

Itinerario

 

O roteiro discorrerá polos concellos de Fene e Cabanas, cunha lonxitude aproximada duns 3,5 Km. Comezaremos na pista que transcorre paralela ás autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe. Dende aquí partiremos cara ao Marco de San Lourenzo, onde faremos un pequeño alto para comentar a historia deste pedrón, así como as tradicións que o rodean.

 

Lago continuaremos o percorrido cara o Castro de Prismos, un dos castros mellor conservados de Galicia, onde faremos unha segunda parada para falar sobre esta construcción prerromana.

 

Unha vez rematada a charla, partiremos cara o río Baa ata chegar ao Muíño de Petra onde faremos unha última parada para comer e falar do alto valor ecolóxico e paisaxístico que, inexplicablemente, aínda non goza de ningunha figura de protección.

 

Para rematar coa andaina, voltaremos cara o punto de partida.

 

 

 

Teléfonos de Contacto:

 

Xavi: 651884692

 

César: 649243611

 

Antonio: 608247955

 

Alexandre: 690612737

 

Serxio: 662428976

Engadir comentario (0)

Un ano máis, pouco que celebrar o día forestal mundial

arboreCo gallo do día forestal mundial, Verdegaia esixe á Xunta unha política forestal que
defenda o bosque galego.

Nun inverno marcado pola falla de chuvias, Verdegaia quere expresar a súa profunda
preocupación pola situación actual do monte galego, con máis de 1000 hectáreas
arrasadas polo lume no que vai de ano, o que fai temer unha primavera e verán
dramáticos para os nosos montes.

É imprescindible unha política forestal que fomente un uso sustentable dos montes, e
que aposte polo aproveitamento dos productos e servizos forestais locais, a repoboación
con especies forestais autóctonas (moito máis rendibles que un eucalipto á baixa no
mercado da madeira) e o fomento da producción de madeira de calidade. Nun momento
como no que nos atopamos, o sector agrario forestal pode ser clave para o rexurdir
dunha economía rural que, en tempos de crise, sempre salvou ao pobo galego da
pobreza extrema.

Dende Verdegaia reclamamos unha verdadeira política de prevención de lumes ao
longo de todo o ano, e non so centrada na extinción nos meses de verán. É necesaria
a profesionalización do persoal de prevención e extinción de lumes, dotándoo de
formación e material axeitado, e de traballo durante todo o ano.

Xunto a prevención, extinción e planificación forestal, Verdegaia solicita tamén a
restauración das áreas xa degradadas polos lumes, con especial atención aos espazos
naturais protexidos (coma o LIC Macizo Central e ZEPA A Limia, afectados polos
lumes este ultimo outono, e a Reserva da Biosfera de Allariz e LIC Ancares-Courel,
con lumes a pasada semana). Esa restauración deberá seguir criterios que eviten que os
nosos bosques sigan a ser tan vulnerables aos lumes.

A perda do bosque constitúe unha perda económica, ecolóxica e social que non
podemos nin debemos permitir.

 

Para máis información:

Marga, representante de Forestal de Verdegaia (986 126 448).

Engadir comentario (0)

Novo roteiro do programa VAI DE ROTEIROS

roteiro_arnoia_decembro_2011.jpgEste domingo 18 de decembro invitámosvos a participar no roteiro que organiza Verdegaia coa colaboración da Asociación Xuvenil Xoldreira polas ribeiras do Arnoia ao seu paso polos concellos da Merca e Allariz. 

Engadir comentario (0)

Ler máis...