Verdegaia - Ferrol

O Concello de Ferrol aproba a moción sobre cambio climático presentada por Verdegaia

O acordo unánime do Pleno permitiu aprobar case integramente a moción "Estratexia Municipal fronte ao Cambio Climático" presentada por Verdegaia o pasado mes de maio. Coa súa aprobación, o goberno municipal asume a integración de medidas de mitigación do cambio climático en todas as súas políticas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Vixilancia dos montes nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal, moi sensibilizada co grave problema dos lumes, decidiu organizarse xunto coa SGHN e ADEGA para tentar mitigar os efectos de máis lumes nas nosas comarcas. Para isto formouse un dispositivo de vixilancia dos montes e alerta rápida ás autoridades. Este dispositivo consiste en grupos de voluntarios/as que de forma totalmente altruista adican parte do seu tempo libre a percorrer os montes provistos duns prismáticos e dun móbil. Pretendemos, deste xeito, alertar o máis axiña posíbel a bombeiros e brigadas contraincendios no caso de lume. A lista de voluntarios/as continua aberta e para colaborar só hai que chamar ao teléfono 981 35 28 20 en horario de mañá. As labouras de vixilancia continuarán até finais de setembro.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

O domingo 16 de xullo, Verdegaia-Ferrol organiza un roteiro pola Ría de Ortigueira

Axeitado para tódalas idades pola súa baixa dificultade, este roteiro busca achegar á cidadanía en xeral o coñecemento da ría de Ortigueira, que conta con varias figuras de protección, e forma parte da Rede Natura 2000.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Subcategorías