Verdegaia - Ferrol

Pico Vello: A Xunta de Galicia omitiu información na Declaración de Impacto Ambiental

Oito meses despois da publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de explotación mineiro en Pico Vello (As Pontes), a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental está a modificala co obxectivo, segundo afirma este organismo, de “incluir as prescricións necesarias para garantir a correcta avaliación dos efectos da explotación sobre os aspectos plantexados no recurso de reposición presentado ante a Consellería de Economía e Industria”.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Urbanismo e corrupción. Coloquio organizado por Verdegaia Ferrol

Segundo Francesco Kjellberg, a corrupción é unha quebra das normas legais ou das normas éticas non escritas relativas a como se debe exercer o servicio público, para proporcionar servicios ou beneficios a certos grupos ou cidadáns de forma oculta, con vontade de ganancia directa ou indirecta. Sen embargo, a quebra destas normas conta cun apoio social xeneralizado. Tomando como punto de partida esta definición, Xosé Santiago Allegue Fernández profundiza nas consecuencias deste tipo de prácticas no marco do estado español: a destrución do territorio e o patrimonio arquitectónico e natural; a mala xestión dos bens públicos; a devaluación democrática ou a perda de calidade de vida da cidadanía.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

17 de outubro. Roteiro pola Península de Vares

1.jpgO Programa Vai de Roteiros 2010/2011 inicia a súa andaina cun roteiro pola Península de Vares que acolle opunto máis setentrional da península Ibérica e, ademais, marca divisoria xeográfica entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico. Esta zona está dentro da Rede Natura 2000. O roteiro ten unha lonxitude de 14 km de dificultade media-baixa onde coñeceremos lugares como o Barqueiro, o Facho Maeda  ou Faro de Vares

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Subcategorías