Verdegaia - Ferrol

Rallies no Parque Natural das Fragas do Eume

eumerallies1.jpg A Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia denuncian que durante a tarde do domingo 13 de xuño o Parque Natural das Fragas do Eume foi utilizado para facer probas cun coche de rallies contando co permiso do Concello da Capela e sen ter informado nin solicitado autorización á dirección do Parque Natural. Ambas asociacións consideran que se trata dunha agresión á fauna e á flora xa que estamos a falar dun entorno sensible que se pode ver afectado pola afluencia masiva de público ou impactos xerados pola circulación dos vehículos, causando ruídos e posibles vertidos contaminantes, atropelos de fauna, etc.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Ciberacción contra a mina de andalucita en Pico Vello

Diferentes colectivos galegos, co respaldo da asociación alemana Rettet den Regenwald (www.salvalaselva.org), iniciaron unha nova acción de protesta o  7 de xuño para esixiren a paralización do proxecto da mina de andalucita no lugar de Pico Vello (As Pontes de García Rodríguez). Baixo o lema "SOS para os montes galegos: Non á mina en Pico Vello", esta iniciativa insta a todas aquelas persoas preocupadas pola preservación da zona a que envíen unha carta vía email a diferentes organismos da Administración Pública. Tres días máis tarde de iniciar a ciberacción, xa apoiaron esta iniciativa máis de 1.800 persoas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

20 de xuño. Roteiro polas Fragas do Eume

central_elctrica_da_ventureira_fragas_do_eume_nov_09_reducida.jpgEste domingo 20 de xuño realizamos unha nova rota do noso programa "Vai de Roteiros", desta vez polo Parque Natural das Fragas do Eume un dos exemplos senlleiros de bosque atlántico. Saíremos en autobús dende o edificio de Correos en Ferrol, ás 10h, facendo paradas en Fene e As Neves e estaremos de volta sobre as 20:00. Recoméndase levar comida, bebida, así como roupa e calzado cómodos

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Subcategorías