Verdegaia - Ferrol

As obras de acondicionamento da praia de Cedeira alteran o ecosistema do areal

obras_en_cedeira.jpgUn ano máis no Concello de Cedeira inícianse as obras de presunto “acondicionamento” do areal da Magdalena de cara ao verán, sen ningún tipo de estudo de impacto ambiental e sen ter en conta os danos ambientais que supoñen. Nesta ocasión nin sequera se instalaron carteis indicando o propósito, a duración e o presuposto da obra. Hai que lembrar que o ano pasado as obras emprendidas pola Demarcación de Costas en Galicia, que duraron tres meses e contaron cun orzamento superior ao millón de euros, quedaron reducidas a nada en cuestión de días polos primeiros temporais do outono. Incluso foron prexudiciais para o propio areal, xa que se aportaron materiais como pedras de gran tamaño, restos de obra e vidros que estaban enterrados nas zonas de extracción e agora quedaron ao aire na liña de praia.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Charlas na Capela: A Fraga do Pico Vello, un espazo a protexer

As entidades Adega, A.M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G.N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Néboa Medioambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizan o día 13 de maio unhas charlas na Casa da Cultura da Capela, baixo o título: “A Fraga de Pico Vello. Un espazo a protexer”.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

En defensa das Fragas do Eume: Roteiro polo Pico Vello

picovello.jpgAs entidades Adega, A. M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G. N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizan, o día 15 de maio, un roteiro pola zona de Pico Vello (As Pontes). O obxectivo é dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello S.L. Unha explotación con doce anos de vida útil, que suporía a destrución irreversible do lugar, e afectaría gravemente ó Río Belelle e ó P. N. Fragas do Eume.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Subcategorías