- Detalles
-
Publicado o Mércores, 24 Febreiro 2010 15:40
-
Visitas: 2461

Dende Verdegaia queremos amosar o noso apoio e solidariedade cos 14 mariscadores que están a ser xulgados baixo a acusación de desordes públicas. Entendemos lexítimo que os encausados esixisen explicacións ao entón presidente da Autoridade Portuaria, Amable Dopico, ante a prohibición de faenar o 30 de maio de 2007, coincidindo coa chegada do gaseiro Mourad Didouche ás instalacións de REGANOSA. Os mariscadores e colectivos opositores a REGANOSA non somos responsables de desordes públicas, senón que hai que sinalar cara ao mesmo Amable Dopico ou o delegado do goberno Manuel Ameiijeiras, ao facilitaren a posta en funcionamento pola forza dunha instalación ilegal.
Engadir comentario
(0)
Ler máis...