Verdegaia - Ferrol
Verdegaia-Ferrol demanda respostas do Concello sobre o aparcadoiro da Praza de Armas
- Detalles
- Publicado o Mércores, 03 Febreiro 2010 16:26
- Visitas: 2726
Verdegaia esixe ao Concello de Ferrol que responda por escrito á alegación presentada no mes de Xullo ao Estudo de Viabilidade sobre a concesión de obra pública para a construción e explotación dun aparcadoiro soterrado na Praza de Armas, publicado no BOP, xa que ata a data os responsables municipais só informaron a través dos medios de comunicación. Dende Verdegaia, reivindicamos a máxima proteción e salvagarda do barrio histórico da Magdalena como un espazo único, singular e irrepetible, polo que poñemos en cuestión a necesidade e conveniencia do citado aparcadoiro soterrado, tal e como fixemos constar na alegación presentada.
Mercadiño de Troco en Ferrol na Praza Vella, este Domingo 20 de Decembro
- Detalles
- Publicado o Xoves, 17 Decembro 2009 18:00
- Visitas: 3100
Este domingo día 20 de Decembro de 2009, e durante a mañá (10:30 a 13:30 h), hai Mercadiño de Troco en Ferrol, tal e como se vén celebrando cada dous meses, na Praza Vella no barrio de Ferrol Vello.
O edificio de salvamento e escola de surf previsto en Doniños afecta a hábitats e especies protexida
- Detalles
- Publicado o Sábado, 21 Novembro 2009 22:21
- Visitas: 2933
Verdegaia rexeita o edificio de salvamento e escola de surf previsto nas dunas de Doniños por afectar a hábitats e especies protexidos. Considera, ademáis, que as medidas previstas tanto para "integrar" o edificio na contorna natural como para rexenerar o sistema dunar carecen do máis mínimo rigor, estando abocadas ao fracaso.