Verdegaia - Ferrol
Unha sentenza do Tribunal Supremo reforza a protección integral da Fraga de Menáncaro, en Ferrol
- Detalles
- Publicado o Luns, 11 Xullo 2011 16:36
- Visitas: 722
O Tribunal Supremo confirmou en sentenza firme a anulación do Plan de Sectorización de Menáncaro, onde, entre outros, o actual alcalde ferrolá, José Manuel Rey Varela, pretendían a construción, en plena Fraga de Menáncaro, de 69 chalets e un hotel de luxo. Aínda que a Fraga de Menáncaro xa estaba en trámites de protección definitiva, pola acción da Comunidade Menáncaro, ADEGA, SGHN, VERDEGAIA e o Colectivo Ártabra 21, así como polas -aínda que lentas- actuacións do anterior grupo de goberno municipal, co apoio do BNG e EU -polo Eixo Verde e o inicio de expediente de modificación do PXOM-, esta sentenza vén reforzar o obxectivo de protección integral da Fraga de Menáncaro. Paradoxalmente, mesmo a propia Xunta, ao aprobar o seu Plan de Ordenación do Litoral (POL), prohíbe expresamente os desenvolvementos urbanísticos nos "Corredores". O POL sitúa grande parte da Fraga de Menáncaro nun dos corredores ecolóxicos definidos.
Verdegaia apoia a concentración contra os recheos na Ría de Ortigueira
- Detalles
- Publicado o Sábado, 23 Abril 2011 20:30
- Visitas: 867
Verdegaia solidarízase e convida a participar na concentración que se celebrará o próximo domingo 24 ás 12:00 hs. na alameda de Ortigueira para amosar a oposición aos recheos para a creación unha praia
artificial que Portos de Galicia está a levar a cabo no litoral da vila.
A concentración está convocada polo colectivo Ortigueira Sostible.
Rexeitamento á candidatura da antiga mina de As Pontes ao Premio Europeo de Excelencia Turística
- Detalles
- Publicado o Venres, 25 Febreiro 2011 18:27
- Visitas: 939







