Verdegaia - Ferrol
Axuda Urxente ó Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
- Detalles
- Publicado o Mércores, 21 Febreiro 2007 00:25
- Visitas: 2265
0182-0181-59-0201548440 do BBVA
O Comité Cidadán de Emerxencia ten varios contenciosos abertos en contra da planta de gas que REGANOSA contrúe no interior da Ría de Ferrol e que supón unha grande amenaza para a vida de miles de veciños da ría. Nun dos contenciosos o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), aceptou a designación de tres técnicos: Capitán da Marina Mercante, Arquitecto e Enxeneiro Químico para que respondan ás preguntas do avogado do Comité Cidadán de Emerxencia. Ditos informes periciales son moi importantes xa que serán aceptados polo Tribunal neste contencioso e tamén terán o mesmo efecto nos outros contenciosos a trámite. O custo das peritaxes destes tres técnicos ten que pagalos o propio Comité polo que urxe a túa axuda. Tanto o concello de Mugardos como REGANOSA tentaron opoñerse á designación dos tres técnicos, mais perderon o recurso e finalmente contamos cunha oportunidade que non debemos perder. Coa axuda de todos/as pararemos esta barbaridade.
Verdegaia alerta da aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncaro
- Detalles
- Publicado o Venres, 16 Febreiro 2007 11:56
- Visitas: 2416
A pesares de que o Plan de Sectorización conta con varios informes desfavorábeis da Xunta de Galicia; dous da Dirección Xeral de Urbanismo e un da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, preténdese, dende o Concello de Ferrol, aprobar definitivamente o proxecto urbanizador de Menáncaro acolléndose á figura do silencio administrativo por terse emitido ditos informes fóra do prazo legalmente estipulado.
A Carballeira de Menáncaro (Serantes) continua seriamente ameazada pola execución do “Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes” nesa zona. A (sin)razón: construción de setenta chaletes e un hotel no mesmo corazón da fraga.
Verdegaia desaconsella a construción do Parque Empresarial de Leixa polo seu alto custe ambiental
- Detalles
- Publicado o Domingo, 11 Febreiro 2007 17:55
- Visitas: 2047







