Verdegaia - Ferrol

Unha mina en Pico Vello

O próximo venres 18 de febreiro, ás 18:00 hs., o programa o Escarabajo Verde de A 2 de TVE emite unha reportaxe sobre o proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes) na que participaron membros de diferentes colectivos ecoloxistas opostos ao proxecto, entre os que se encontra Verdegaia. O programa repetiráse o domingo 20 de febreiro ás 13:45 h. en A 2 de TVE, e estará dispoñible na web a partir do luns 21 de febreiro.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia demanda a paralización das obras levadas a cabo por Costas en praias de Ferrol

Verdegaia ven de denunciar ante o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia o impacto ambiental que están a ocasionar as obras do proxecto de “Restauración Ambiental das praias da Coviña, O Vilar, A Fragata e Esmelle” no Concello de Ferrol (L.I.C. Costa Ártabra e Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño), vulnerando a legalidade.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

16 de xaneiro. Roteiro pola Costa Artabra. Vai de Roteiros 2011

Roteiro: L.I.C. Costa Ártabra; treito: costa acantilada de Ares.

Data: Domingo, 16 de xaneiro.

Partida: Ás 10:30 hs da Praza de Galiza (Ferrol) en autobús regular, calculando chegar a Ares arredor das 11:00 hs.

Remate: Ás 18: 30 hs no Mosteiro de Sta. Catalina (Montefaro); recolleranos un autobús para regresar a Ferrol.

Percorrido do roteiro: 15 Km, con dificultade media-baixa.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Subcategorías