Verdegaia - Ferrol
Paseo guiado polas Fragas do Eume
- Detalles
- Publicado o Xoves, 19 Outubro 2006 00:08
- Visitas: 2112
Dende Verdegaia propoñemos un paseo guiado polas moitas fragas que conforman este espazo natural e pola memoria dunhas formas de vida que permitiron a súa supervivencia. A actividade celebrarase o próximo 29 de outubro de 2006, saíndo ás 9:30 hs da escalinata da Oficina de Correos de Ferrol. A volta está pensada para o mesmo día ás 18:00 hs e para os desprazamentos cóntase cun microbus gratuíto.
Restauración Integral dun Muíño de Vento en Narón
- Detalles
- Publicado o Domingo, 15 Outubro 2006 01:55
- Visitas: 2089
Unha das nosas preocupacións como asociación tamén radica na conservación do patrimonio cultural e patrimonial de Galiza, alén do traballo ecoloxista.
No concello de Narón existe un muíño de vento. Sí , de vento. Tan famosos en Castela e tan esquencidos aquí... Moito menos coñecidos cos de río, debido en parte a súa escaseza, e, nos que cuns axeitados coidados de restauración, recuperarían a beleza de outrora. Para o muíño de vento da parroquia de San Mateo de Trasancos en Narón aínda non é demasiado tarde.
Verquido de entullos no Humidal das Cabazas
- Detalles
- Publicado o Domingo, 15 Outubro 2006 00:19
- Visitas: 1977
Verdegaia (NC Ferrol) denuncia o verquido de importantes candidades de entullos no Humidal Protexido das Cabazas (Ferrol) ocasionando a degradación puntual do ecosistema. O sitio forma parte do Dominio Público Hidráulico e está calificado como Zona de Conservación e protección de Costas e Praias.







