Verdegaia - Ferrol

Verdegaia solicita a inclusión de varias formacións arbóreas no Catálogo de Árbores Senlleiras

araucariavilaherminia.jpgCarballeira de Menáncaro, carballeira do Pazo do Monte, lamigueiro de Vilela, teixo da malata en Ferrol; acivro da Casa da Quintana en Narón; sebe de buxos da Bouza da Cabra e araucaria da Vila Herminia en Valdoviño foron as propostas que Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal solicitou á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para seren incluídas no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

O Concello de Ferrol aproba a moción sobre cambio climático presentada por Verdegaia

O acordo unánime do Pleno permitiu aprobar case integramente a moción "Estratexia Municipal fronte ao Cambio Climático" presentada por Verdegaia o pasado mes de maio. Coa súa aprobación, o goberno municipal asume a integración de medidas de mitigación do cambio climático en todas as súas políticas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Vixilancia dos montes nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal, moi sensibilizada co grave problema dos lumes, decidiu organizarse xunto coa SGHN e ADEGA para tentar mitigar os efectos de máis lumes nas nosas comarcas. Para isto formouse un dispositivo de vixilancia dos montes e alerta rápida ás autoridades. Este dispositivo consiste en grupos de voluntarios/as que de forma totalmente altruista adican parte do seu tempo libre a percorrer os montes provistos duns prismáticos e dun móbil. Pretendemos, deste xeito, alertar o máis axiña posíbel a bombeiros e brigadas contraincendios no caso de lume. A lista de voluntarios/as continua aberta e para colaborar só hai que chamar ao teléfono 981 35 28 20 en horario de mañá. As labouras de vixilancia continuarán até finais de setembro.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Subcategorías