Verdegaia - Ourense

VI Xornadas de Agroecoloxía en Ourense

Un ano máis, comezan as Xornadas de Agroecoloxía en Ourense... e xa van seis edicións.

As VI Xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran de novo a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.

A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam, Sustinea e VERDEGAIA presentan ao longo de case 20 días todo tipo de actividades nas que se poderá ver o traballo conxunto dos últimos meses. Queremos que cada vez teñan máis voz e sexan ´mais visibles os proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.

Estas xornadas pretenden achegarnos algo máis ao mundo que todas desexamos como noso: un mundo no que poidamos actuar dun xeito activo contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e insostible, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles a calquera consideración da saúde púlbica, do benestar animal, de respecto polo medio natural e pola cultura galega.

Animámosvos a que participedes nesta nova edición, desde o 10 até o 28 de abril!

Podedes consultar o programa completo aquí.

Engadir comentario (0)

Espazo Aberto Cultural de Ourense presenta VeraneArte

EsCuA (Espazo Cultural Aberto–Ourense), conxunto de asociacións/colectivos sociais, da cidade de Ourense, entre os que se atopa Verdegaia, pretende promover un espazo cultural aberto e autoxestionado. Esta semana presentamos o programa de actividades para o verán na zona vella da cidade de Ourense. Un paso máis na dinamización social e cultural coorganizado por todos os colectivos que forman parte de EsCuA. Baixo o título VERÁNeARTE, o programa conta cunha ampla variedade de actividades: andainas, palestras, cinema, música, danza, bicicletadas….

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem um Cam e Verdegaia organizan as V Xornadas de Agroecoloxía

As V xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense. A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam e Verdegaia presentan durante 20 dias de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente durante os últimos meses para que sexa cada vez mais visíbel, para que cada ano teñan mais voz todos aquelas proxectos alternativos centrados no compromiso con a xustiza social e ecolóxica.

Engadir comentario (0)

Ler máis...