Verdegaia - Ourense

A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem um Cam e Verdegaia organizan as V Xornadas de Agroecoloxía

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

As V xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense. A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam e Verdegaia presentan durante 20 dias de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente durante os últimos meses para que sexa cada vez mais visíbel, para que cada ano teñan mais voz todos aquelas proxectos alternativos centrados no compromiso con a xustiza social e ecolóxica.

Mais un ano, as xornadas de Agroecoloxía ofrecen achegármonos, se cadra un bocado mais ao mundo que todas desexamos como noso: un mundo no que actuemos de xeito activo contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensíbeis a calquera consideración con a saúde pública, do benestar animal, de respecto ao medio natural e as culturas labregas.

A Agroecoloxía fronte á crise capitalista

Pensamos que a Agroecoloxía é unha ferramenta imprescindíbel nos momentos que estamos a vivir. Diversas son as crises que se nos ven enriba -económica, social, política, alimentaria, ambiental, entre outras- todas elas causadas polo modelo depredador que constitúe o capitalismo vixente, e cuxas receitas mais agresivas (privatización dos recursos, dos servizos e mesmo dos dereitos, fin dos estado do Benestar, libre mercado global, especulación con os alimentos...) preséntannos, paradoxalmente, como única solución posíbel aos problemas que estas mesmas crean. Destes problemas que se crean nos diversos ámbitos falaremos durante as diversas actividades das xornadas e para alén diso, tentaremos contrapor as alternativas que a Agroecoloxía presenta tanto desde o ámbito da análise -teórico- como desde experiencias prácticas.

Falaremos de economía, de xénero, de transxénicos, xestión de recursos, consumo responsábel, finanzas éticas; coñeceremos e visitaremos proxectos agroecolóxicos, ou intercambiaremos sementes entre outras actividades.

Continuando o modelo de financiamento das edicións anteriores das xornadas, desde a organización optamos por un evento autoxestionario, que sustentado mediante as aportacións individuais nas diferentes actividades lúdicas que se organizan, alén da colaboración artística de destacadas figuras culturais galegas. Este compromiso de

autoxestión constitúe unha aporta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como voceiros do cidadanía.

PROGRAMA:

V XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE

Do 17 de febreiro ao 4 de marzo de 2011

http://agrourense.info; informacióThis email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

 

 

  • Martes 15 de febreiro: Presentación das Xornadas. Lugar: Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, ás 11:30 horas.

  • Xoves 17 de febreiro: "Mulheres e méio rural". Compartiremos un serán de compromiso con o agro e o feminismo ao calor de dúas impresionantes mulleres, rebeldes incombustíbeis, coidadoras do público e do privado, da terra, o traballo, a saúde e a xustiza. Participan: Tareixa Ledo e Lidia Senra. Lugar: Centro Social Sem Um Cam (rúa do Vilar, 9), ás 20:00 horas.

  • Venres 18 de febreiro: "Decrecemento". Tentaremos desmontar a falacia que asocia Crecemento Económico con benestar, servizos sociais, calidade de vida... O decrecemento, non só como teoría filosófica senón tamén como modo de vida, vira as costas ao capitalismo na procura de outros mundos posibles, no camiño da xustiza social e ecolóxica. Participa: Carlos Taibo. Lugar: Centro Social A Esmorga (rúa Telleira, 9), ás 20:00 horas.

  • Sábado 19 de febreiro: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas nosas agricultoras locais. Participan: invitamos a participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque novo debaixo da Ponte de Marcelo Macías (Barrio do Polvorín), de 11:00 a 14:00 horas.

Powered by Bullraider.com