Verdegaia - Ourense
VI Xornadas de AgroecoloxÃa en Ourense
- Detalles
- Publicado o Luns, 09 Abril 2012 09:37
- Visitas: 290
Un ano máis, comezan as Xornadas de AgroecoloxÃa en Ourense... e xa van seis edicións.
As VI Xornadas de AgroecoloxÃa de Ourense mostran de novo a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.
A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam, Sustinea e VERDEGAIA presentan ao longo de case 20 dÃas todo tipo de actividades nas que se poderá ver o traballo conxunto dos últimos meses. Queremos que cada vez teñan máis voz e sexan ´mais visibles os proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.
Estas xornadas pretenden achegarnos algo máis ao mundo que todas desexamos como noso: un mundo no que poidamos actuar dun xeito activo contra un modelo de produción agrÃcola e gandeiro intensivo e insostible, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles a calquera consideración da saúde púlbica, do benestar animal, de respecto polo medio natural e pola cultura galega.
Animámosvos a que participedes nesta nova edición, desde o 10 até o 28 de abril!
Podedes consultar o programa completo aquÃ.







