Verdegaia - Ourense

Verdegaia e Amarante pechan o cine-fórum que fixeron conxuntamente en Ourense

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

O próximo mércores 4 de xuño ás 20:30 h. proxectarase no local de Verdegaia e Amarante o derradeiro filme do cine-fórum que Verdegaia e Amarante comezaron a finais do mes de marzo. 

Desta vez tócalle a quenda á problemática das canteiras coa proxección de "As Encrobas. A ceo aberto", un filme de Xosé Bocixa que nos conta a historia dos veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propuxo a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun val moi fértil. Co apoio do réxime franquista pretendíase levar a cabo a expropiación das terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Despois do conflito, chegou un acordo que só se respectou parcialmente. Trinta anos desppois, case mil persoas tiveron que abandonar o val.

 

Powered by Bullraider.com