Verdegaia - Ourense

Derradeiro filme do cine-fórum de Verdegaia e Amarante en Ourense

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

O mércores 4 de xuño ás 20:30 h. proxectarase o derradeiro filme do cine-fórum de Verdegaia e Amarante en Ourense. Coma sempre, a proxección terá lugar no local de Verdegaia e Amarante e a entrada é gratuíta. Desta vez toca falar de canteiras co filme "As Encrobas. A ceo aberto" de Xosé Bocixa. 

Este filme fala da  historia que viviron e viven veciños e veciñas das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propuxo a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun grande e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tras o conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val.
Powered by Bullraider.com