Verdegaia - Ourense

Xira do CRIC: Ourense, 28 de abril

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Montse Peirón, do CRIC (Centre de Recerca i Informació en Consum ), estará en Ourense o martes 28 de abril. Dará unha charla sobre consumo responsable no local de Verdegaia e Amarante, ás 20:30 h (Avenida da Habana, 64).

O traballo do CRIC está centrado no consumo, mais nas teses que defenden Verdegaia e outros colectivos:un consumo sostible e que procura a xustiza social.

Este colectivo quere facer "unha chamada á acción, individual e colectiva, para camiñar cara a unha nova cultura do consumo, que priorice a sostibilidade, a xustiza social e plenitude das nosas vidas".

Esta charla (organizada por Amarante, A Esmorga, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia) está encadrada nunha  xira por toda Galicia:

  • Ferrol: venres 24
  • Santiago: sábado 25
  • Vigo: luns 27
  • Ourense, martes 28
  • Lugo: mércores 29
  • A Coruña: xoves 30
Powered by Bullraider.com