Verdegaia - Ourense

Verdegaia proxectará "Unha lousa sobre o Courel" dentro da programación do Maio Xove de Ourense

Publicado o Domingo, 24 Mai 2009 18:41
Visitas: 2513
Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

O luns 25 de maio ás 20:00 h. Verdegaia Ourense proxectará na Casa da Xuventude o documental "Unha lousa sobre o Courel " de Namche Films , dentro da programación do Maio Xove.

Este documental fálanos abertamente das agresións que está sufrindo o Courel, unha das zonas de Galicia con maior valor ecolóxico e maior biodiversidade.

Podemos escoitar todas as partes que quixeron falar (representantes políticos, persoas afectadas, habitantes da zona, científicos... ). 

Cadaquén pode sacar as súas propias conclusións despois de ver e de escoitar o que todas as partes din neste documental.

Tamén vos lembramos que podedes adquirir este documental no local que comparten Verdegaia e Amarante na Avenida da Habana, 64, á parte de na propia páxina de Namche Films.

Unha vez cubertos os gastos da realización do documental, este diñeiro dáselle a organizacións e a actividades de defensa da conservación da biodiversidade do Courel. 

 Aproveitamos para lembrarvos que esta produtora ten un novo proxecto sobre o Courel en marcha, para o que precisan financiamento. Tedes máis información na súa páxina web .

 

 

 

Powered by Bullraider.com