Verdegaia - Ourense

3 de maio: primeiro mercadiño de troco da rede Ourense Troca

Despois do nacemento da Cousateca en Ourense (un lugar onde se prestan todo tipo de obxectos: esquís, botas de esquís, lanchas inchables, libros, ferros de pasar, televisións,  xogos...), naceu a rede Ourense Troca, da que forman parte Verdegaia, Amigos da Terra, Amarante, Anacos da Cidade e Sem Um Cam.

Este domingo (3 de maio) levarase a cabo o primeiro mercadiño de troco regular que esta rede decidiu pór en marcha e do que se encargará esencialmente Verdegaia.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Xira do CRIC: Ourense, 28 de abril

Montse Peirón, do CRIC (Centre de Recerca i Informació en Consum ), estará en Ourense o martes 28 de abril. Dará unha charla sobre consumo responsable no local de Verdegaia e Amarante, ás 20:30 h (Avenida da Habana, 64).

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Paseo de Ourense: Día Mundial da Saúde (16 e 17 de abril) anulado pola climatoloxía ata maio

Un ano máis, o Día Mundial da Saúde vese afectado pola climatoloxía, así que en principio farase en maio. Manterémosvos informados/as.

Engadir comentario (0)

Ler máis...