Verdegaia - Ourense

Encanamento do río Arnoia ó seu paso por Allariz

Hoxe envióuselle á Consellería de Medio Ambiente, dentro do período de consultas, un documento coas consideracións sobre o encanamento do río Arnoia ó seu paso por Allariz.

 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Resultados da comparativa de medios de Verdegaia e Masa crítica en Ourense

O día 23 de setembro Verdegaia Ourense celebrou a comparativa de medios por segundo ano consecutivo, despois do día "sen coches" e na Semana Europea da Mobilidade. Os resultados serviron para dinamizar a masa crítica do 25 de setembro, que a partir de agora incorporará unha actividade da que se encargará de cada vez unha asociación ou colectivo da Masa crítica (o mes que vén tócalle a Amigas da Terra e o seguinte a Amarante).

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Nova edición da Masa crítica en Ourense o 25 de setembro

Como todos os derradeiros xoves de mes, o 25 de setembro terá lugar unha nova edición da Masa crítica en Ourense. Desta vez queda encadrada na Semana europea da mobilidade, o que nos dá pé para darlle aínda máis sentido, se cabe, á reivindicación do uso da bicicleta dentro da cidade como medio de transporte máis rápido e sustentable tanto ambiental como socialmente.

Engadir comentario (0)

Ler máis...