Verdegaia - Ourense

Participación de Verdegaia no festival Reperkusión

Este fin de semana Verdegaia tivo un posto no festival Reperkusión de Allariz. A tenda quedou preciosa e non hai queixa da venda e do reparto de Fiando Verde.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia Ourense fará a comparativa dos medios o martes 23 de setembro

No marco da Semana Europea da Mobilidade, Verdegaia está levando a cabo unha actividade de ámbito galego que consiste na comparativa de medios de transporte (custos económicos e ambientais). En Ourense farase o martes 23 de febreiro ás 20:00 h. con saída na Praza Maior.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia estará no Reperkusión de Allariz o 20 e o 21 de setembro

maletn_01_02.jpgA próxima fin de semana (20 e 21 de setembro) Verdegaia estará cun posto no Reperkusión de Allariz, no que aproveitaremos para darnos a coñecer con información (Fiando Verde, folletos, etc.) e teremos para vender os produtos que fixo Verdegaia Ourense con material reutilizado (esencialmente cartón).

O horario do posto é de 12 da mañá a 10 da noite o sábado 20 e o domingo 21 de setembro.

Engadir comentario (0)

Ler máis...