Verdegaia - Ourense
27 e 28 de maio: posto compartido de Verdegaia e Amarante polo Día Mundial da Saúde en Ourense
- Detalles
- Publicado o Domingo, 24 Mai 2009 19:03
- Visitas: 1866
O mércores 27 e o xoves 28 de maio Verdegaia e Amarante terán un posto na rúa do Paseo con motivo do Día Mundial da Saúde. Á parte de dar información da asociación e das actividades que estamos a desenvolver, levaremos diferentes produtos feitos con material reutilizado (cartón, tetra-bricks, etc.). Amarante fará degustación de varios produtos que ten a vender na tenda.
Agardámosvos a todos/as de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.
O luns 25 de maio preséntase en Ourense en rolda de prensa a Moción de Compra Pública Ética
- Detalles
- Publicado o Domingo, 24 Mai 2009 18:56
- Visitas: 1490
O luns 25 de maio ás 11:00 h Verdegaia e Amarante presentan en Ourense no local que comparten (Avenida da Habana, 64) a Moción de Compra Pública Ética que xa se presentou o día 19 de maio en Compostela.
Verdegaia proxectará "Unha lousa sobre o Courel" dentro da programación do Maio Xove de Ourense
- Detalles
- Publicado o Domingo, 24 Mai 2009 18:41
- Visitas: 1577
O luns 25 de maio ás 20:00 h. Verdegaia Ourense proxectará na Casa da Xuventude o documental "Unha lousa sobre o Courel " de Namche Films , dentro da programación do Maio Xove.







