Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia-Pontevedra participa no Censo de Aves Rapaces
- Detalles
- Publicado o Venres, 02 Abril 2010 22:01
- Visitas: 1738
O Núcleo de Pontevedra apúntase ao Censo Nacional de Aves Rapaces coordinado pola Sociedade Española de Ornitoloxía. O método escollido consiste en situarse nun oteadoiro provistos de primáticos e telescopios co obxetivo de buscar aves rapaces e delimitar os seus territorios. Ademáis, recollerase información valiosa en canto á súa reprodución e asentamento na área de estudo.
Participa connosco e acompañanos durante as xornadas de mostraxe!
Provistos de guías de indentificación, mostraremos aos participantes os caracteres principais para diferenciar as distintas aves rapaces do territorio galego.
Citarémonos o vindeiro 11 de abril no pavillón dos deportes de Pontevedra ás 9h15. A xornada rematará sobre as 13h.
Os oteadoiros escollidos son:
- Monte Coirego
- Serra do Cando
- Monte Cregos
Para máis información sobre o Proxecto podes consultar o web da SEO.
Pódeste inscribir en pontevedra(a)verdegaia.org ou no teléfono 646362607
Anímate!







