Verdegaia-Pontevedra
Animado Censo de Aves Rapaces en Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Martes, 13 Abril 2010 18:10
- Visitas: 1929
O Censo de Aves Rapaces realizado este domingo polo núcleo comarcal de Pontevedra estivo máis animado do habitual.
Disfrutamos da presenza de 3 voitres leonados (Gyps fulvus), unha
águia albela (Circateus gallicus) e un macho de tartaraña cincenta
(Circus pygargus). Ademais non faltaron os habituais miñatos (Buteo
buteo).
Pola tarde, algúns membros decidimos permanecer nos aledaños da Serra do Cando para realizar unha mostraxe de anfibios e répteis, unha actividade prevista nun futuro moi temprano. Topamos Rá ibérica, Lissotriton boscai, Pelophylax perezi e un inesperado Discoglossus galgano, especie clasificada como vulnerable no catálogo galego de especies amezadas.
Outra actividade prevista para o vindeiro fin de semana do 24-25 relacionada coa divulgación e coñecemento dos valores naturais da Serra do Cando.
Interesad@s, permanecede atentos á web ou solicitade información en:
pontevedra(a)verdegaia.org







