Verdegaia-Pontevedra

Roteiro micolóxico e Videofórum sobre consumo responsábel en Pontevedra

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

O Núcleo Comarcal de Verdegaia en Pontevedra organiza saída micolóxica pola Serra do Cando para 14 de Novembro e videofórum sobre consumo responsábel para o día 17.


  • Saída Micolóxica: O vindeiro domingo 14 de Novembro os membros e
    roteiros3.jpg
    amigos de Verdegaia, iremos descubrir a biodiversidade de cogomelos presentes na Serra do Cando. Para isto acompañaranos unha experta micóloga: Puri Lorenzo, membro do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo. Citarémonos á s 9h diante do pabellón de deportes de Pontevedra e ás 9h45 diante da Gasolinera de Ce rdedo. Xantaremos no campo, a finalización da actividade está prevista para as 17-18h. Recomendamos traer cámara fotográfica e calzado campeiro. Para calquer dúbida, podedes contactar connosco a través de este correo electrónico: pontevedra(a)verdegaia.org ou neste número de teléfono: 646362607.

  • Videofórum: Mércores 17 proxectaremos o documental "Trueque" (53') e realizaremos un posterior debate sobre o consumo responsable. Modera: Adrián Serantes (Amarante). A proxección terá lugar no novo local de Amarante (R/ Conde San Román, 9) ás 20:30

 Agardamos a túa participación!

Powered by Bullraider.com