Verdegaia-Pontevedra

Videofórum en Pontevedra, 2 de Decembro: As montañas do Norte

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

O Videoforum organizado polo NC de Verdegaia en Pontevedra continúa. Nesta ocasión, o día 2 de Decembro ás 20h30, difundirase o documental "Las Montañas del Norte" producido pola Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica (www.cordilleracantabrica.org) que será moderado por Rubén Portas.

Este documental mostra a biodiversidade sen parangón que sustenta esta formación montañosa a nivel europeo e as numerosas ameazas ás que está exposta.

O acto terá lugar no local de Amarante que está situado na rúa San román nº 9 baixo e que une a Praza da Verdura e da Ferrería. Comeza ás 20h30 e remata sobre as 22h.

A entrada é gratuita. Agardamos  a túa asistencia!

Máis información: pontevedra(a)verdegaia.org ou no 646362607

arton239.jpg 

Powered by Bullraider.com