Verdegaia-Pontevedra

Roteiro polos chozos do Suído

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

suido1.jpg

O vindeiro domingo, 17 de abril, realizamos un novo roteiro do Programa Vai de Roteiros de Verdegaia en colaboración con ASCEL e Asamblea do Suído. organizando unha ruta polos chozos e unha visita a un dos foxos de lobo da Serra do Suído, situada nos concellos pontevedreses de A Lama, Fornelos de Montes e Covelo e ourensáns de Avión e Beariz. Son os restos dun modo de vida tradicional que perdurou (e perdura ainda en parte) nesta Serra do Sur da Dorsal galega. Os chozos son unhas construccións que protexían aos pastores das inclemencias climáticas e os foxos son unhas antigas trampas medievais que se empregaban para cazar lobos. A persecución do gran carnívoro naquela época foi espectacular. Na actualidade, nesta Serra pervive ainda o lobo e parte da cultura asociada.

Citaremonos ás 9h diante da estación de bus de Pontevedra e ás 9h45 diante do concello de A Lama.

O recorrido durará ata o medio día, realizando pola tarde a visita ao foxo do lobo e posiblemente a algunha das características turbeiras da Serra.

Guías: Pablo Sierra, Alexandre Cendón e Rubén Portas

Máis información:

This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., asamblea do This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou nos móbiles 646362607 ou 670858938

O programa Vai de rotieros! abrangue a totalidade da xeografía galega e zonas próximas, perseguindo diferentes fins como servir para divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballo conxunto entre asociacións, entre outras finalidades.

Powered by Bullraider.com