Verdegaia-Pontevedra

Verdegaia Pontevedra súmase á manifestación do 1 de agosto contra as touradas

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

 O Nucleo Comarcal de Verdegaia en Pontevedra súmase á manifestación que o 1 de agosto a partir das 19,00 horas sairá da praza da Peregrina para amosar o rexeitamento da cidadanía ás tourada como espectáculo cruel e impropio dunha sociedade avanzada do século XXI. Para Verdegaia, as torturas a animais non poden ser consideradas nin arte nin cultura e cre que as autoridades,en lugar de promocionaren as touradas, deberían tomar medidas para a súa supresión, particularmente o actual equipo de goberno municipal de Pontevedra, que tras 10 anos aínda non deu ningún paso para suprimir as touradas das festas.

Verdegaia decidiu incorporarse á Coordenadora Antitouradas de Pontevedra e amosar o apoio ás actividades que a mesma levará adiante nos próximos días. Este apoio ben motivado polo rexeitamento frontal que o colectivo ecopacifista ten sobre este tipo de tortura sobre os animais e xa na súa constitución do nucleo comarcal de Verdegaia se expresara este como un dos campos de traballo na organización nun cidade onde a presenza desta bestialidade é habitual coincidindo coas nosas festas.

Verdegaia esixe o cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público e insta á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e outros espectáculos onde se torture ou mate animais.

Con respecto ao Concello de Pontevedra cre lamentable que a institución municipal ainda non sexa “Cidade Antitouradas” e que tras 10 anos o actual equipo de goberno municipal non derá ningun paso efectivo para suprimir as touradas das festas.

Desde Verdegaia estamos convencidos, tal como reflexan os diversos estudos demoscopicos, que a maioria da cidadanía rexeita estas practicas e que o traballo de mobilización e concientización ira sacando á rúa a unha maioria silenciosa que hoxe non se manifesta e obrigara ás autoridades a tomar medidas en favor dos dereitos dos animais.

Powered by Bullraider.com