Verdegaia-Pontevedra
Comeza ciclo de tertulias ecoloxistas en Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Martes, 22 Setembro 2009 15:45
- Visitas: 1781
Este xoves 24 de setembro ás 21:00 horas Verdegaia Pontevedra inicia o ciclo de Tertúlias medioambientais na que se abordan temas monográficos de máximo interes. O ciclo celebrarase o carto xoves de cada mes na cafetería Center 2 (fondo de Cobián Roffignac) e nunha primeira etapa abordará a seguinte temática: compra pública responsable (24 de setembro), Transxénicos (22 de outubro) e dereitos dos animais (19 de novembro).
Este primeiro debate coincide coa iniciativa impulsada por Verdegaia e Amarante, presentando mocións nos concellos da comarca co fin de impulsar a compra pública responsable na administración.
As
administracións públicas gastan o 25% do PIB en contratas e
subcontratas que se estiveran condicionadas por criterios éticos ou
medioambientais serian decisivos na modificación de aspectos tan
importantes coma a desigualdade norte-sur ou a mudanza climática.
As tertulias están abertas a quenes queiran asistir.







