Verdegaia-Pontevedra

Comeza ciclo de tertulias ecoloxistas en Pontevedra

Publicado o Martes, 22 Setembro 2009 15:45
Visitas: 2853
Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Este xoves 24 de setembro ás 21:00 horas  Verdegaia Pontevedra inicia o ciclo de Tertúlias medioambientais na que se abordan temas monográficos de máximo interes. O ciclo celebrarase o carto xoves de cada mes na cafetería Center 2 (fondo de Cobián Roffignac) e nunha primeira etapa abordará a seguinte temática: compra pública responsable (24 de setembro), Transxénicos (22 de outubro) e dereitos dos animais (19 de novembro).

Este primeiro debate coincide coa iniciativa impulsada por Verdegaia e Amarante, presentando mocións nos concellos da comarca co fin de impulsar a compra pública responsable na administración.

 

As administracións públicas gastan o 25% do PIB en contratas e subcontratas que se estiveran condicionadas por criterios éticos ou medioambientais serian decisivos na modificación de aspectos tan importantes coma a desigualdade norte-sur ou a mudanza climática.

 

As tertulias están abertas a quenes queiran asistir.

Powered by Bullraider.com