Verdegaia-Pontevedra

Verdegaia esixe a recuperación da liña de costa orixinaria da ría de Pontevedra

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

riapontevedra.jpgO núcleo comarcal de Verdegaia en Pontevedra cre que o proxecto de bulevar para as Corbaceiras presentado polo concello durante a semana da mobilidade, a partir de Quiroga Palacios, é unha nova agresión á ría xa que non faría máis que consolidar a ocupación do terreo costeiro iniciado na década dos cincuenta coa autovía Pontevedra-Marín e coa implantación das empresas Celulosas e Elnosa e posteriormente co trazado de tren ao porto de Marín.

Verdegaia considera que a recuperación da ría pasa non so por facer desaparecer as empresas Celulosas e Elnosa senón que ademais é necesario definir a antiga liña de costa pola estrada PO-546 que une Marín con Pontevedra.

O bulevar previsto no seu tramo posterior a saída da cidade ( desde a altura de Quiroga Palacios ata a rotonda de Malvar ) suporía consolidar este espazo ocupado ao mar. De feito se anuncia a súa continuidade con posterioridade.

Verdegaia ten serias dudas do futuro destino dos terreos agora ocupados polo complexo ENCE-Elnosa xa que é moi probable que intereses especulativos traten de urbanizar os mesmos, vendendo as parcelas como zoa privilexiada cara á ría, e sacando con iso unha boa tallada económica.

Por outra banda o carril bici debería trazarse pola antiga estrada PO-546, que tras ser arranxada e mellorada deberáse recuperar como vía central de comunicación entre Pontevedra e Marín, e ademais convertería ao mesmo non nun carril bici de paseo senón tamén como servizo ás parroquias e núcleos de casas, sendo así máis común e lóxico o seu uso.

Verdegaia cre que non é de recibo vender como proxecto medioambiental unha nova agresión á ría.

Nese senso, Verdegaia esixe do Concello de Pontevedra e da Xunta de Galicia o compromiso de non planificar máis usos na zoa gañada á ría para proxectos urbanísticos e o compromiso de planificar un plano de devolución á ría do terreo recheo para a construción do complexo ENCE - Elnosa e a autoestrada Marín - Pontevedra. So así serian cribles os compromisos ambientalistas das administracións públicas.

Powered by Bullraider.com