Verdegaia-Pontevedra

Crónica do roteiro "En memoria do lobo"

roteiro_do_lobo_brais_palms.jpgCase 40 persoas asistiron este domingo ao roteiro "en memoria do lobo" no concello de Cotobade, organizado polo núcleo comarcal de Pontevedra dentro do programa "Vai de Roteiros!". As partes anegadas pola auga e o xeo no sendeiro non impediron aos asistentes de variada idade percorrer o camiño de 10'6 km de lonxitude, durante o cal se observaron rastros de lobo, se diferenciou o canto de varias aves comúns (páridos, carrizos, gabeadores, etc.) e incluso se disfrutou cunha observación de becada.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Ampliacion de informacion sobre o Roteiro do Lobo

O roteiro atravesa principalmente bosques de ribeira e ten certo interese ornitolóxico (especies presentes: merlo rieiro, martin  peixeiro, azor, gabián, as dúas especies de gabeadores e as 5 de páridos).  Durante o camiño toparémonos con até 5 muíños, aínda que o principal  protagonista é un foxo onde hai un par de séculos aínda se cazaban  lobos. Este tipo de estruturas cinexéticas forman parte da nosa cultura,  da cultura asociada ao lobo e dos mitos que o envolven. Despois do  roteiro habrá unha pausa para xantar na sede que nos presta desinteresadamente a asociación Canón de pau e na cal terá lugar a  ponencia-charla sobre a conservación do lobo en Galicia, que versará sobre os aspectos mitolóxicos que persisten na mentalidade da xente co  fin de romper eses mitos. A ponencia durará sobre unha hora con rolda de  preguntas incluída.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A rota do lobo de Cotobade, nova cita do programa Vai de Roteiros!

Domingo, 20 de decembro. Saída ás 10:30 dende o Pavillón de Deportes de Pontevedra. O roteiro fai un percorrido didáctico polos foxos onde se cazaban os lobos explicando que son estas estruturas cinexéticas e como se usaban. Ademáis durante o camiñada practicarase a identificación de  aves polo seu canto. O roteiro durará 3 horas aproximadamente. Tras o xantar o guía, Rubén Portas, dará unha charla sobre a conservación do lobo.

Engadir comentario (0)