Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia esixe a recuperación da liña de costa orixinaria da ría de Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Sábado, 26 Setembro 2009 12:51
- Visitas: 1703
O núcleo comarcal de Verdegaia en Pontevedra cre que o proxecto de bulevar para as Corbaceiras presentado polo concello durante a semana da mobilidade, a partir de Quiroga Palacios, é unha nova agresión á ría xa que non faría máis que consolidar a ocupación do terreo costeiro iniciado na década dos cincuenta coa autovía Pontevedra-Marín e coa implantación das empresas Celulosas e Elnosa e posteriormente co trazado de tren ao porto de Marín.
Comeza ciclo de tertulias ecoloxistas en Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Martes, 22 Setembro 2009 15:45
- Visitas: 1779
Este xoves 24 de setembro ás 21:00 horas Verdegaia Pontevedra inicia o ciclo de Tertúlias medioambientais na que se abordan temas monográficos de máximo interes. O ciclo celebrarase o carto xoves de cada mes na cafetería Center 2 (fondo de Cobián Roffignac) e nunha primeira etapa abordará a seguinte temática: compra pública responsable (24 de setembro), Transxénicos (22 de outubro) e dereitos dos animais (19 de novembro).
Pontevedra acolle a maior mobilización antitaurina da súa historia
- Detalles
- Publicado o Luns, 03 Agosto 2009 00:05
- Visitas: 1537
Mais millar de persoas convocadas pola Coordinadora Antitouradas de Pontevedra e apoiada por colectivos como Matar por Matar Non, Galiza sen touradas, Verdegaia e Amarante, entre outros, mobilizáronse hoxe polas rúas de Pontevedra para amosaren o seu rexeitamento a esta modalidade de tortura e para esixir a súa retirada do programa das festas por parte do concello.







