Verdegaia-Pontevedra

Verdegaia Pontevedra súmase á manifestación do 1 de agosto contra as touradas

 O Nucleo Comarcal de Verdegaia en Pontevedra súmase á manifestación que o 1 de agosto a partir das 19,00 horas sairá da praza da Peregrina para amosar o rexeitamento da cidadanía ás tourada como espectáculo cruel e impropio dunha sociedade avanzada do século XXI. Para Verdegaia, as torturas a animais non poden ser consideradas nin arte nin cultura e cre que as autoridades,en lugar de promocionaren as touradas, deberían tomar medidas para a súa supresión, particularmente o actual equipo de goberno municipal de Pontevedra, que tras 10 anos aínda non deu ningún paso para suprimir as touradas das festas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Domingo 15 de xullo. Roteiro polo río Lérez

Verdegaia-Pontevedra organiza para este domingo 12 de xullo un ROTEIRO póla ribeira do Lérez na súa zona baixa entre a Xunqueira e Bora. A camiñata cunha duración de tres horas saira ás 9,30 horas desde a facultade de Ciencias da Educación e deportes, no campus da Xunqueira. Durante o mesmo ademais de disfrutar do entorno sinalaranse os elemento de biodiversidade mais interesante e os aspectos de impacto ambiental a corrixir.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia cuestiona a pureza do río Lérez, orgullo do Concello de Pontevedra

lerez1.jpgO Núcleo Comarcal de Verdegaia en Pontevedra quere chamar a atención as autoridades do Concello de Pontevedra sobre o estado do tramo do Río Lérez que pasa polo concello. Durante unha visita polo tramo baixo do Río Lérez realizada por membros do núcleo comarcal, detectáronse numerosos impactos ambientais derivados principalmente das obras realizadas e promovidas polo Concello de Pontevedra que afectan tanto ó bosque de ribeira como ao leito do río.

Engadir comentario (0)

Ler máis...