Verdegaia - Vigo

Un circo instalado en Mos mantén leóns a 2ºC

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Circus Kaos CartelVerdegaia esixe das administracións locais que non promovan nin apoien actividades que supoñan un maltrato cara os animais

Esta semana atopamos máis un exemplo de maltrato animal, desta feita nas instalacións do Cirkus Kaos instalado no concello de Mos. A pesar de contar con un repertorio variado de malabaristas e pallasos, é un dos circos que se resiste a abandonar a utilización de animais. Animais forzados a vivir en condicións aberrantes para á súa natureza e adestrados para desenvolver actividades antinaturais para lecer dos humanos. O caso dos leóns é paradigmático, en lugar de estar na sabana africana terán que soportar en gaiolas minúsculas as xélidas noites desta semana.

As administracións locais, detentoras da potestade para conceder aos circos a autorización de instalación, deben recapacitar sobre as eventuais vantaxes da realización deste tipo de exhibicións no territorio que administran. Os cativos, que son xeralmente o público maioritario, reciben unha versión terxiversada e falsa dos animais, resultando de todo anti pedagóxico. Moi distante dunha educación ambiental que ensine a observar, comprender, respectar e amar as demais formas de vida.

Os animais non-humanos son seres vivos con necesidades, sentimentos e capacidade de sufrimento, non obxectos para o noso uso e divertimento. Mais certos sectores da sociedade néganse a aceptar que son seres dotados de sensibilidade non só física senón tamén psíquica.

Verdegaia entende que a sociedade non ten dereito a facer sufrir innecesariamente a outros seres vivos e urxe o recoñecemento de determinados dereitos a todos os animais non-humanos. Deste modo vimos de presentar, no rexistro do concello de Mos, unha proposta de moción para que a vila se declare “Vila amiga dos animais” e non volva a promover nin apoiar circos que utilicen animais.

Powered by Bullraider.com