Verdegaia - Vigo

Acto contra as brutais talas que están asolando Vigo

Acto contra corte de árbores

Verdegaia organizou na tarde do martes un acto de recolla de sinaturas e opinións entre a veciñanza do Calvario sobre as brutais talas que están asolando o barrio. Diante da praza do mercado puidemos compartir por uns intres o sentir da poboación sobre máis un exemplo da total ausencia de sensibilidade das autoridades á hora de planificar unha obra pública.

Tal como vén sucedendo un pouco por toda a cidade, a humanización de Martínez Garrido tamén está deixando un ronsel de destrución: aos 40 plátanos cortados na Primavera de 2011, súmanse agora outros 30 exemplares de grande porte. Unha rúa que, a pesar do intenso tráfico, se caracterizaba polo verde das beirarrúas presenta agora un aspecto desolador no que xa só destacan o asfalto e o cemento.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia contra a deshumanización en Vigo

as arbores humanizan1

O luns 18 de xuño as persoas maquinistas recibiron a orde de talar a totalidade das árbores comprendidas na beirarrúa que está sendo obxecto da mal chamada humanización da rúa Martínez Garrido, as cales, segundo nos informan, previamente se prometera á cidadanía que mora nos arredores non tocar; optouse, xa que logo, por unha medida nada popular e que espertou a indignación da xente. Algunhas das árbores xa existían denantes moitas e moitos de nós.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

III Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

Ranunculus ficaria herba das almorranasA Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro, da que forma parte Verdegaia, segue a realizar accións de diversa índole, encamiñadas á consecución da protección efectiva e á divulgación dos diversos valores deste prezado espazo natural. Así, o vindeiro día 13 de maio terá lugar a III Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro que sairá ás 10:30 h. do aparcadoiro do Campo de Fútbol da Pasaxe en Vincios (Gondomar) e que terá un percorrido circular de arredor de 10 Km. Os días 9 e 11 de maio Verdegaia divulgará esta actividade con actos de rúa na cidade de Vigo.

Engadir comentario (0)

Ler máis...