Verdegaia - Vigo

Hoxe finou Xosé Reigosa Solleiro.

xosereigosa.jpgHoxe finou Xosé Reigosa Solleiro.

Hoxe o movemento ecoloxista, o activismo veciñal e todas as persoas que dende o seu recuncho de vida pulamos por mudar a realidade na procura dunha sociedade máis xusta e sustentable ficamos un pouco máis sós e un pouco máis orfos.

Xosé traballou arreo en todas as facianas da súa vida no activismo social e ambiental. Salvemos Monteferro , A Ría non se Vende e Galiza non se Vende foron as súas ferramentas nos últimos anos mais sempre estaba disposto a traballar e apoiar calquera iniciativa que supuxera defender o país e as súas xentes fronte as agresións que un sistema capitalista desbocado perpetra sobre as xentes do común.

Home pousado e conciliador, nunca deixou que os dogmatismos impediran integrar nunha mesma loita a xentes das máis variadas ideas. Procurando sempre o que une, o seu activismo incansable foi un acicate para moitas de nos e botarémolo moito de menos

Ate máis ver, Xosé Reigosa. Terémoste connosco nestes anos duros e escuros que se achegan

Engadir comentario (0)

Xornada sobre a enerxía eólica organizada pola Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro

parqueeolico_galicia.jpgA Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, da que fai parte Verdegaia, organiza seis palestras temáticas e unha mesa redonda sobre enerxía eólica o vindeiro sábado 25 de febreiro en Vigo. A actividade comezará ás 17 h. no Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado), sito na rúa Areal, 46. As palestras durarán aproximadamente media hora cada unha e a mesa redonda comezará ás 20 h.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

26 de febreiro - "Vai de roteiros!" pola enseada de San Simón

gav.jpg
Verdegaia organizará o vindeiro domingo 26 de febreiro un novo roteiro encadrado no programa de roteiros de Verdegaia Vai de roteiros!, desta volta pola enseada de San Simón.
Sairemos ás 10:00 h. da estación de tren de Arcade, Soutomaior.
 

Engadir comentario (0)

Ler máis...