Verdegaia - Vigo
Nace un movemento pola defensa da Serra da Groba
- Detalles
- Publicado o Mércores, 12 Setembro 2007 01:00
- Visitas: 1980
O pasado luns 10 de Setembro, o Instituto de Estudos Miñoranos, o Grupo Ecoloxista A Groba, Salvemos Monteferro, o Clube Espeleolóxico Mauso, representantes de diversos partidos políticos, comuneiros das parroquias afectadas polo parque eólico "Albariño I" e representantes de Verdegaia, asistimos a unha xuntanza da que nace unha nova organización, co obxecto de protexer a Serra da Groba da iminente ameaza que supón o proxecto de parque eólico.
Verdegaia solicita o resgate da concesión dunha explotación de arxila nas Gándaras de Budiño
- Detalles
- Publicado o Martes, 04 Setembro 2007 01:00
- Visitas: 1892
Verdegaia alerta do risco de destrución de parte do bosque de ribeira da Lagoa de Budiño
- Detalles
- Publicado o Sábado, 25 Agosto 2007 01:00
- Visitas: 1972
Unha superficie de 4 ha ocupada polo bosque de ribeira da Lagoa de Budiño (hábitat de protección prioritaria prá UE) podería ser aterrado nos vindeiros meses logo da recente modificación do PXOM do Porriño (Decreto 139/2007) na área natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Verdegaia non entende como a Consellaría do Ambiente e o Concello do Porriño autorizan a eliminación dun terreo de altísimo valor ecolóxico, fundamental para a conservación da Lagoa de Budiño e acubillo de fauna en perigo de extinción para a construción de equipamentos deportivos.







