Verdegaia - Vigo
Reflexións, alternativas e revindicacións para un transporte sostible no Val Miñor
- Detalles
- Publicado o Martes, 26 Decembro 2006 00:00
- Visitas: 4306
A Asociación de Consumo Responsable do Val Miñor (ACREXOVAL), está levando a cabo unha campaña polo transporte sostible. Dentro desta campaña, elaboraron un documento aberto sobre a situación e posibles alternativas de transporte sostible no Val Miñor. A súa intención é que este documento sexa coñecido pola sociedade e solicitan a quen o lea que lles aporte os comentarios que considere precisos, de xeito que sirvan para enriquecer dito documento.
Verdegaia organiza un roteiro polo río Eifonso
- Detalles
- Publicado o Mércores, 29 Novembro 2006 00:00
- Visitas: 2077
O río Eifonso é un dos espazos naturais con maior valor ecolóxico do Concello de Vigo. A súa fraga de ribeira, con especies vexetais que en todo o concello só atopamos neste lugar, a pureza das súas augas, a fervenza da Ferrolana (a máis grande da bisbarra) ou a riqueza etnográfica que alberga fan deste río un entorno de singular valor e beleza.
Durante o transcurso do roteiro aproveitaremos a ocasión para observar diferentes especies de plantas, felgos, aves, anfibios, peixes,… e poderemos coñecer algúns dos principais valores naturais e culturais deste espazo natural.
Será o domingo 3 de decembro, saíndo ás 10:00 dende a Igrexa do Mosteiro (Bembrive).
Caravana ciclista e automovilista pola defensa da Ría de Vigo
- Detalles
- Publicado o Martes, 28 Novembro 2006 00:00
- Visitas: 2533
A día de hoxe a saúde da Ría de Vigo está sendo gravemente agredida e ameazada: verquidos contaminantes, depuradoras deficitarias, aterramentos, plans de urbanización insostíbeis, portos deportivos sen control,... que danan letalmente as praias, outros ecosistemas da ría e os seus recursos, a pesca e o marisqueo. A.C. A Revolta, A.C. Caleidoskopio, Adega, Bouzas Móvete, Foro Social de Cangas, GAS, Luita Verde, OAR Redondela, Salvemos Monteferro, Verdegaia e Voces polo Litoral de Teis convocan para este sábado 2 de decembro, unha caravana en defensa da Ría de Vigo, percorrendo 15 puntos negros. Sairase ás 10:00 da praia de Patos, para chegar ás 14:00 ao xantar popular en Punta Salgueirón (cadaquén levará a súa comida)







