Verdegaia - Vigo

Verdegaia denuncia o intento de legalizar irregularmente os depósitos do Ferrazo

Súmase así á  iniciativa da PDRA de enviarlle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia lembrándolle a responsabilidade que ten coa defensa do interese xeral de Galicia e do seu patrimonio natural. No ano 1999, cando Manuel Fraga Iribarne era presidente da Xunta de Galicia, a Consellería de Industria outorgou a licenza de actividade para a execución de “depósitos de hidrocarburos e productos químicos de Finsa e Foresa no peirao de Ferrazo”. O Concello de Vilagarcía deu a licenza municipal para a instalación destes depósitos.e a Consellería de Medio Ambiente mirou naquel momento para outro lado a pesar de que carecía dun Estudo de Impacto Ambiental, paso previo e obrigado á execución de calquera proxecto destas características.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia apresenta a cuarta edición do seu programa “Vai de roteiros!”

cartaz-solo-mundo-web.jpg

O domingo 16 realizarase o primeiro roteiro, desta volta polo río Fondón

Galiza dispón dunha riqueza natural, cultural e paisaxística só comparábel ás barbaridades que tristemente tamén podemos atopar con certa facilidade... encoros, autoestradas, explotacións mineiras, etc. Co dobre obxectivo de coñecer o noso territorio e denunciar moitas das desfeitas que están a degradalo, Verdegaia pon en marcha unha nova edición, a cuarta, do seu programa “Vai de roteiros!”.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

O 8 de outubro ten lugar en Redondela o "III Encontro da rede galega de sementes"

seeds-in-hand.jpgEste sábado 8 de outubro, a partires das 10:30h, terá lugar en Redondela o III encontro da rede de sementes, á que Verdegaia quere convidar a toda persoa interesada a participar, non só no propio troco, senón ver e coñecer outros proxectos ligados á conservación das variedades antigas e locais cultivadas na Galiza, sumado os postos de diferentes colectivos e as produtoras e artesáns que cultivan dun modo máis respectuoso coa terra. Tamén haberá obradoiros e actividades para nenos e nenas durante toda a xornada.

Engadir comentario (0)

Ler máis...