Verdegaia - Vigo

Vigo sae á rúa en bicicleta!

masa_critica_vigo_3_3.jpgVigo tivo que esperar ao domingo para ter un acto digno da Semana Europea da Mobilidade que, impulsada pola Comisión Europea, se celebrou durante toda esta semana.

Entre 900 e 1000 bicicletas ocuparon as principais vías da cidade demostrando que a veciñanza de Vigo quere, ao igual que moitas outras cidades, gozar de espazos e infraestruturas que permitan a utilización da bicicleta a diario.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Vigo 25 Setembro " Móvete en bici sen CO2".

Coincidindo coa Semana europea da mobilidade, que este ano ten por lema “Desprázate de forma eficiente: mellora a túa mobilidade”, Verdegaia e A golpe de pedal convocan unha manifestación ciclista para o domingo 25 de Setembro con saída ás 11:00 dende o parque de Castrelos en Vigo.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, da que forma parte Verdegaia, segue a realizar accións de diversa índole, encamiñadas á consecución da protección efectiva e á divulgación dos diversos valores deste prezado espazo natural. Entre as distintas actividades futuras que se realizarán destacar o domingo 18 de setembro cando terá lugar a 2ª Andaina reivindicativa Pola Protección da Serra do Galiñeiro que sairá ás 11:00 h. da Capela do Monte Aloia e que cun percorrido de aproximadamente 3 a 4 horas de duración. Pretendese convocar á cidadanía para percorrer un pequeno anaco de Serra baixo o lema "Por un monte sen eólicos" en referencia á oposición desta Plataforma ó Parque eólico de 13 aeroxeradores de 39 Mw que se pretende levantar neste espazo natural.

Engadir comentario (0)

Ler máis...