Verdegaia - Vigo

O anteproxecto do novo emisario na Ría de Vigo: Seguimos camiño do desastre.

Desde a Comisión Veciñal de afectados pola Depuradora do Lagares e a Asociación Ecoloxista Verdegaia denunciamos o continuo, intolerable e indigno gasto de diñeiro público (máis de 240.000.000€- case 40.000 millóns das antigas pesetas-) e o desleixo da adminisitración a hora de enfrontar a problemática do saneamento na Ría de Vigo.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A contaminación na ría de Vigo. Un problema de ineptitude e intereses económicos

Galiza está a sofrer unha paulatina degradación no seu entorno costeiro provocando un grave impacto  no delicado equilibrio ecolóxico das rías. Ao longo da costa vemos como cada vez máis se extende a destrucción: recheos, portos deportivos, paseos marítimos, piscifactorías, zonas residenciais, ao tempo que a contaminación no mar se vai incrementando de xeito exponencial a consecuencia de verquidos de todo tipo. O resultado é a desnaturalización e posterior destrucción do litoral. A paisaxe litoral transfórmase afectando á conservación da biodiversidade mariña e acelerando os procesos de desnaturalización. O territorio costeiro contamínase moi por riba da capacidade que ten de carga e o resultado é que cada vez temos máis lonxe a preservación dun dos nosos principais recursos naturais, a Ría.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Presentación do libro "Plantarse" de Anxo Moure en Vigo

 Dende o núcleo comarcal de Verdegaia-Vigo e a asociación Fontaíña queremos cartaz_presentacin.jpgconvidarvos á presentación do libro "Plantarse", con textos do contacontos Anxo Moure (O Carballo con Botas) e ilustracións de Irene Contreras. Plantarse é un libro-conto que nace da colaboración de Anxo Moure, Irene Contreras, Mónica Martínez e Tino Varela. Un froito do traballo colectivo, da imaxinación e da sensibilidade coa terra e os seus froitos. Está editado por 2Teixos.

Engadir comentario (0)

Ler máis...