Verdegaia - Vigo

Presentación do libro "Plantarse" de Anxo Moure en Vigo

 Dende o núcleo comarcal de Verdegaia-Vigo e a asociación Fontaíña queremos cartaz_presentacin.jpgconvidarvos á presentación do libro "Plantarse", con textos do contacontos Anxo Moure (O Carballo con Botas) e ilustracións de Irene Contreras. Plantarse é un libro-conto que nace da colaboración de Anxo Moure, Irene Contreras, Mónica Martínez e Tino Varela. Un froito do traballo colectivo, da imaxinación e da sensibilidade coa terra e os seus froitos. Está editado por 2Teixos.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

16 de xullo en Redondela: roteiro circular e semi-nocturno polo río Fondón e monte Penide

 

cartaz-subida-o-fondon.jpg
c
O vindeiro sábado, 16 de xullo, a asociación ecoloxista Verdegaia e a asociación  cultural Alén Nos organizarán un roteiro semi-nocturno polo río Fondón e Monte Penide, en Redondela. Quedaremos ás 19:30 na Igrexa de Trasmaño, punto ao que volveremos ao redor de catro horas e media máis tarde, tras percorrermos primeiro o río Fondón ata as brañas do seu nacemento, e logo todo o complexo megalítico de Monte Penide. Remataremos por volta das 24:00 horas. O roteiro é de dificultade media.  

 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Debate e saída nocturna pola protección da Serra do Galiñeiro

O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro” segue realizando actividades, desta volta colaborando cos acampados de Vigo do movemento 15-M. O vindeiro día 13-7-11 terá lugar as 19:00 h un debate sobre a protección deste espazo natural. Para participar no debate so tes que acercarte á Farola de Urzaiz. Debaterase sobre os seu numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais da Serra do Galiñeiro; os impactos que esta a sufrir e os proxectos de grandes infraestruturas que a ameazan; e a necesidade urxente da súa protección legal e efectiva. Así mesmo, tamén este mércores, este movemento social, participará na saída nocturna que o IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) fai para visitar o petróglifo da Agua da Laxe en Vincios, Gondomar, no corazón da serra. 

Engadir comentario (0)

Ler máis...