Verdegaia - Vigo

Campaña informativa sobre unha planta trituradora de entullo no monte de Prado (Gondomar).

Campaña informativa sobre unha planta trituradora de entullo en Prado e mesa redonda sobre o patrimonio arqueolóxico do Galiñeiro.

O movemento social Pola Protección da Serra do Galiñeiro vai avanzar estes días aos veciños de Prado información relativa á posible instalación dunha planta de machaqueo de restos de obra no monte de Prado (Morgadáns, Gondomar). Por outra banda este movemento social ten convocada unha mesa redonda sobre o patrimonio arqueolóxico da Serra para o sábado 28 de maio en Mos.

Iníciase así unha campaña informativa sobre esta planta de entullo da que unha empresa de transporte e excavacións solicitou permiso para a súa instalación á Entidade Local de Morgadáns e á que a Concellería de Urbanismo de Gondomar ao igual que a citada Entidade deron o seu vistobó no mes de decembro do pasado ano 2010.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Riqueza patrimonial, mitoloxía e historia da Serra do Galiñeiro

O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, do que forma parte Verdegaia, segue realizando actividades de diversa índole encamiñadas á consecución da protección efectiva e á divulgacióndos diversos valores deste prezado espazo natural, desta volta unha interesante palestra organizada polo Centro Social Faísca e impartida polo compañeiro Afonso Rodríguez “Maravillas” sobre a riqueza patrimonial,  a mitoloxía e a historia da Serra. A actividade terá lugar o vindeiro venres 20 de maio ás 20 h. no local do Centro Social Faísca sito na viguesa rúa Toledo,nº9.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

En Vigo 7 de maio: Xuntanza de escaladores “Pola protección da Serra do Galiñeiro”

O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, do que forma parte Verdegaia, segue realizando actividades de diversa índole encamiñadas á consecución da protección efectiva e á divulgación dos diversos valores deste prezado espazo natural, desta volta organizando unha xuntanza de escaladores na Serra. Deste xeito, o Grupo de Montaña Alud, o Club de montaña e escalada AZIMUT, o Local social Faísca, Montañeiros Celtas, a Federación Galega de Montañismo e a Plataforma “Pola Protección da Serra do Galiñeiro” organizarán o vindeiro sábado durante toda a xornada esta interesante actividade deportiva.

Engadir comentario (0)

Ler máis...