Unha iniciativa de voluntariado ambiental impulsada por Verdegaia para recuperar a biodiversidade e combatir a eucaliptización da Galiza.

FAITE BRIGADISTA!

Unha iniciativa de voluntariado ambiental para recuperar a biodiversidade e combater a eucaliptización da Galiza

Read more

As Brigadas Deseucaliptizadoras

promoven accións de restauración ambiental en áreas con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización estando abertas á participación de persoas voluntarias e titulares de parcelas de monte



2 de Maio: a desacaciación continúa en Lentille (O Ribeiro)

Asociación Veciñal de Lentille convoca as Brigadas mais outra vez para insistirmos no combate constante contra o frente de mimosa que asedia a aldea e inza a comarca. Desta volta traballaremos na estrema dos Cabos e na ladeira das Aradas onde o esforzo brigadista tanto avance ven asentando.

O punto de encontro será o habitual no Souto e desde alí repartirémonos en grupos e endereitaremos cara as áreas de traballo. Teredes que estar alí ás 9:30 puntualmente. Disporemos auga fresca e uns petiscos a media mañán con café e froita. Remataremos contra as 14:00 pra xantarmos. O albaroque acontecerá na terraza do Cabildo se o clima concorda, e se non habilitaremos o garaxe.

Para vos apuntardes é imprescindible (alén de estardes inscritos como brigadistas) remitir un email para avlentille@gmail.com até o 29 de Abril a máis tardar, comprometendo asistencia.

As prazas son limitadas. Non demoredes en vos apuntar.

VÉMONOS NO MONTE !!!

25 de abril: deseucaliptizamos Rois

Logo dos traballos, alboroque! Apúntante até o xoves 23 de abril para vir a Rois

En abril voltamos ao Monte Veciñal en Man Común de Contimunde, Cuvela e Rois (no concello de Rois), onde xa fixemos dúas intervencións previas machacando rebentos de eucalipto nunha zona que a Comunidade está traballando para recuperar os hábitats de carballeiras e bosque de ribeira.

A acción permitirá conectar unha zona de carballeira ben conservada con outras próximas e coa ribeira do río Rois. Ao acabar, celebraremos a tradicional comida de albaroque no Centro Social de S. Mamede de Roi  Apúntate até o xoves 23 de abril enviando un email a info@montescola.org

VÉMONOS NO MONTE !!!

Jornada na Defesa do Monte, sábado 18 de Abril

Desde a Comissom de Meio Natural e Ciência da Gentalha do Pichel organizamos umhas jornadas em defesa do monte este sábado, 18 de abril, de 11:00 h a 14:00 h, na Gentalha do Pichel (Rua de Santa Clara, 21, Compostela).

Ante a grave situaçom que estám a gerar os grandes lumes no nosso país, que este ano se manifestam com maior virulência que nunca, consideramos necessário abrir espaços de encontro, reflexom e organizaçom coletiva.

Nestas jornadas abordaremos esta problemática desde três pontos de vista diferentes. Contaremos com a participaçom de:
• Beatriz Noya, ativista das Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, que falará sobre a problemática das espécies exóticas invasoras, particularmente o eucalipto e as acácias, e a resposta popular.
• Alexandre Rodríguez, agente ambiental, que achegará umha perspetiva desde o eido profissional sobre como funciona um incêndio, que o causa e que fazer.
• Comunidade de Montes de Couso, que partilhará a sua experiência de gestom comunal do monte, um exemplo de gestom sustentável.

📍 Lugar: A Gentalha do Pichel – Rua de Santa Clara, 21, Compostela
🕚 Horário: de 11:00 h a 14:00 h
📆 Data: sábado 18 de abril
📲 Mais informaçom: @gentalhadopichel

 

18 de abril: 2ª roga no Monte Santo André, Corcubión

Na parte da tarde, presentación de “UN MONTE TODOS OS MONTES!

Precisamos da vosa axuda e colaboración.

A Asociación Boca de Sapo mantén un acordo de «custodia do territorio» sobre estes terreos propiedade do Concello de Corcubión para promover a súa restauración ecolóxica, actuando sobre o Monte Cambeiro – Amarelle e o Monte de Santo André.

Dentro do marco deste acordo e en colaboración coa Concellería de urbanismo, Medioambiente e Sustentabilidade do Concello de Corcubión a  Asociación Boca de Sapo Comunidade ecosocial e cultural, anunciamos unha convocatoria de voluntariado ambiental para participar o vindeiro sábado 18 de abril nos labores de deseucaliptización do Monte Santo André de Corcubión unha parcela de 16 hectáreas recentemente intervida para a eliminación de eucaliptos.

Fai pouco realizouse unha tala de eucaliptos no Monte Santo André, e agora precisamos impedir os rebrotes

As persoas interesadas en participar neste fermoso acto de colectividade podedes enviar un correo electrónico a: bocadesapo.corcubion@gmail.com antes do 14 de abril indicando nome e apelidos e teléfono.

Programa da xornada:

  • 9:30 h – Punto de encontro e benvida na parte alta do Monte Santo André (Na zona coñecida coma o “Repetidor” . Coordenadas: 42.954413, -9.202384. Preparación das ferramentas
  • 14:00 h – Recollida e peche da xornada.
  • 14:30 h – Xantar de albaroque.
  • 17:00h – Peche de xornada coa presentación da publica-acción UN MONTE  TODOS OS MONTES

Unha “publica-acción” para repensar o monte galego desde a cultura, a gobernanza e a memoria comunitaria. Será no Círculo de Comunidade no Monte Cambeiro. Corcubión.

Esta públicación é un proxecto da cooperativa Azul mais Verde co apoio e financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso

Acompañádenos a construirmos entre todas e todos un monte de futuro máis autóctono, máis verde e máis noso.

Un saúdo ecosocial rexenerativo e cultural!

VÉMONOS NO MONTE!

28 marzo 🌳 Brigadas simultáneas: Froxán (Lousame) e Montes do Chá (Ferrol)

Froxán (Lousame)

> POR PROBLEMAS TÉCNICOS, SE XA TE APUNTACHES NA ROGA DE FROXÁN USANDO O FORMULARIO QUE ENVIAMOS ANTERIORMENTE, POR FAVOR, ENVÍANOS UN EMAIL CONFIRMANDO!!

O sábado 28 de marzo volvemos á comunidade de Froxán (Lousame), combinando acción directa a través do voluntariado para a rexeneración do bosque nativo en zonas ocupadas por especies invasoras (plantaremos castiñeiros e outras frondosas e eliminaremos eucaliptos) cunha reflexión crítica sobre o que significa unha ecoloxía reparativa e un xeito distinto de nos posicionarmos no territorio: a forestanía. Para iso, contamos coa TBA21–Academy Organismo 2026, que en colaboración co Museo Nacional Thyssen-Bornemisza desenvolve o proxecto “Forestania – Reparation Ecologies in Post-extractive Landscapes”.

Podes inscribirte ata o xoves día 26 enviando un email a info@montescola.org

Despois dos traballos celebraremos o tradicional xantar de alboroque.

Montes do Chá (Ferrol)

Volven as brigadas deseucaliptizadoras ós Montes do Chá os días 28 de marzo e 18 de abril. As actuacións consistirán na eliminación de brotes de helichysum petiolare na contorna do miradoiro do Golfo Ártabro en Campo Redondo e na eliminación de eucaliptos de semente e algún rebrote de tocón na contorna do piñeiral da batalla de Brión.

Para ambas especies a técnica de erradicación é sinxela e básicamente manual polo que é moi importante que as persoas voluntarias traian luvas preferentemente de coiro pois no terreo hai brotes de toxos mesturados cos helichrysum a erradicar. Se alguén prefire usar sacho pode traelo ou usar os que a organización poñerá á disposición d@s voluntari@s.

O punta de encontro será ás 9:30 h diante do centro Terapéutico de Asfedro No Confurco de Doniños (¡Ollo, non o de Caranza!). Alí deixaremos os coches e subiremos a pé 800 m ata a zona de actuación: https://maps.app.goo.gl/9vqWPpT8QhXZMMN36?g_st=aw

Para apuntarse é imprescindible mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com indicando o día para o que te apuntas, como moi tarde o venres 27 de marzo e venres 17 de abril respectivamente.

Tras a actuación, sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo para iso cada persoa deberá traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.

VÉMONOS NO MONTE !!!

Florestania: rexeneración do bosque en Froxán o sábado 28 de marzo

Florestania: cultura e praxe da ecologia reparativa

Nesta jornada voltamos à comunidade de Froxán (Lousame) juntando ação direta através do voluntariado para a regeneração do bosque nativo em zonas ocupadas por espécies invasoras (plantaremos castanheiros e outras folhosas e eliminaremos eucaliptos) com reflexão crítica sobre o que significa uma ecologia reparativa e um jeito distinto de nos posicionar no território: a florestania.

Para isso, contamos com a TBA21–Academy Organismo 2026, que em colaboração com o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, desenvolve o projeto “Florestania – Reparation Ecologies in Post-extractive Landscapes”.

O projeto está inserido no projeto Erasmus+, De Monte a Monte: territorios resilientes, que partilhamos coa Fundação Montescola e Veredas da Estrela.

Podes inscrever-te até a quinta-feita dia 26 preenchendo este formulário: https://brigadas.belcoda.com/events/florestania-cultura-e-praxe-da-ecologia-reparativa

VÉMONOS NO MONTE !!!

A deseucaliptización continúa en Rois o sábado 21 de marzo

En marzo voltamos ao Monte Veciñal en Man Común de Contimunde, Cuvela e Rois (no concello de Rois), onde xa estivemos en febreiro deste ano e en maio de 2025 machacando rebentos de eucalipto nunha zona que a Comunidade está traballando para recuperar os hábitats de carballeiras e bosque de ribeira. A acción permitirá conectar unha zona de carballeira ben conservada con outras próximas e coa ribeira do río Rois. Ao acabar, albaroque no Centro Social de S. Mamede de Roi.

Apúntate até o xoves 19 neste formulario: https://brigadas.belcoda.com/events/21-de-marzo-deseucaliptizamos-rois 

VÉMONOS NO MONTE !!!

7 de marzo: plantación de carballos en Leiro (Rianxo)

A atividade busca crear faixas verdes para a prevención de incendios

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a colaborar coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro (en Rianxo) cunha nova acción para plantar carballos e crear faixas verdes de frondosas e axudar a crear unha paisaxe máis resiliente aos incendios.

Sairemos para a zona de traballos ás 10:00 desde o punto de encontro: o Centro Cultural Vicente Vidal: https://maps.app.goo.gl/AJ9deZCpHiFZmmsw6

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o venres 6 de marzo enviando un email a: comunidademontesleiro@gmail.com

(Non se atenden inscricións por outras vías)

Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

Ao acabar, celebraremos o tradicional xantar de albaroque nun local próximo.

Lembramos:

  • Traer calzado e roupa apropiados para andar polo monte en inverno
  • Traer ferramenta se tes: sachos, tesouras de podar, fouces, machadas. Ademais de plantar, realizaranse traballos de poda e eliminación de rebrotes.
  • Traer luvas de protección para o manexo da ferramenta e tamén unha garrafa de auga.

VÉMONOS NO MONTE !!!

Froxán: Brigada en Familia o 1 de marzo

🌳 O domingo 1 de marzo Froxán volta a acoller unha xornada de voluntariado en familia aberta a todas as idades máis con actividades pensadas especialmente para as máis cativas, da man das trasnas do Monte e que finalizarán cun toque de maxía.

💚 As crianzas e familias poderán plantar unha árbore frondosa nativa (ou varias!) nas zonas onde a Comunidade ven eliminando eucalipto.

A actividade comezará ás 10:15 e finalizará ás 13:00 logo dunha chocolatada. Actividade gratuíta sendo precisa inscrición, até o dia 27 de febreiro, neste formulario 👉 https://i.gal/marzal

VÉMONOS NO MONTE !!!

Eliminación de invasoras e plantación de frondosas no Pinar do Rei (Vilagarcía de Arousa), 28 de febreiro

OLLO ao cambio de data: sábado 28 de febreiro!

As Brigadas estréanse en Vilagarcía e no Salnés (non era sen tempo!) o sábado 28 de febreiro, cunha intervención “multidisciplinar” no Pinar do Rei, unha parcela municipal con moita historia e que se pretende restaurar como Bosque Escola a través dun acordo entre o Concello e a Universidade de Vigo. Nesta primeira xornada eliminaremos acacia, eucalipto e cortadeira, podaremos frondosas e plantaremos árbores e arbustos autóctonas a partir de estacas.

Albaroque, se o tempo o permite, no propio monte. Apúntate até o mércores 25 de febreiro.

Para vos apuntardes, en todos os casos, debedes enviar email a info@montescola.org indicando a xornada ou xornadas nas que vos queredes apuntar. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!

  • Vale máis unha terra con árbores nos montes que un Estado con ouro nos bancos ― CASTELAO
© 2026: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress