A chama social dos lumes: resposta da sociedade civil ante un monte colapsado, martes 20 de xuño ás 17.30h. en Compostela
O martes 20 de xuño ás 17.30h. realizaremos esta palestra na Cafetaría Lasso (Auditorio de Galiza) de Compostela na que, os investigadores e colaboradores das Brigadas Deseucaliptizadoras, Marien González Hidalgo e Diego Cidrás Fernández falarán do papel da sociedade civil na loita contra os incendios e a mellora dos nosos bosques.
Marien González é investigadora no Departamento de Desenvolvemento Rural e Urbano da Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas: Diego Cidrás é investigador no Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galiza da Universidade de Santiago de Compostela.
A palestra enmárcase dentro das actividades formativas das actividades do proxecto Erasmus+ Vemo-nos no Monte! realizado polas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, a Fundación Montescola, a Asociación À Escuta e promovida polo Centro de Estudos Eurorrexionais de Galicia e Norte de Portugal (CEER) como coordinadora.
Artigo de Marién e de Diego poden ser consultados na web das Brigadas Deseucaliptizadoras no apartado de Artigos sobre as Brigadas e especies exóticas e invasoras.
Vemo-nos non Monte!
Vémo-nos non Monte” está a levar a cabo un amplo programa de actividades composto por seminarios, presentacións, intervencións teórico-prácticas sobre erradicación e control de especies exóticas, talleres de formación técnica, elaboración de guías, unidades didácticas e reportaxes audiovisuais, entre outras moitas iniciativas, tanto transfronteirizas como locais. Ademais dos formadores e formandos, outros beneficiarios de “Vémonos non Monte!” serán tamén as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e os propietarios de parcelas de monte da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
Comments are Closed