6 de xullo: mini-roga deseucaliptizadora en Froxán

En Froxán continúan os traballos na nova zona de actuación na que se está eliminando eucalipto dun habitat de bosque de ribeira adquirido pola Fundación Montescola co apoio da Deputación da Coruña para a súa rexeneración ambiental e conservación (a da fotografía que aparece neste email).

A mediados de xullo convocarase en fin de semana unha nova roga para completar a deseucalipticación da parcela, máis por motivos de seguranza iremos realizar unha actuación previa o xoves 6 de xullo cun grupo reducido de persoas (máximo 15) para abatir algunhas das árbores que quedaron en pé.

Desta volta a roga será pola tarde (comezamos às 16:00) e faremos unha roga de merenda-cea para as asistentes.

O punto de encontro será o estacionamento do “Quartel da Revolta” (hoje “Restaurante”) no Chán de Avelán, aonde se pode chegar seguindo as indicacións ao Museu Mineiro San Finx. O lugar da intervención está a poucos metros. Na zona hai tamén un parque infantil e pequenas pozas no rego da Silva onde se poderá tomar baño ao ar libre (se o tempo acompaña).

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o martes día 4 de xullo. Por favor, inscríbite só se podes vir. Límite de prazas: 15.

Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

VÉMONOS NO MONTE!

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress