14 de abril: desacaciación e plantación de frondosas en Froxán (Lousame)
Comezamos a tempada de eliminación de especies exóticas invasoras en Froxán con unha desacaciación acompañada da plantación dos últimos pradairos que temos deste inverno. A acción terá lugar na mañá do domingo 14 de abril, con previsión solleira, e forma parte das actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola.
A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades. Ademais de aprender a descascar acacia (spoiler aquí), faremos poda de frondosas e plantaremos medio cento de pradairos nunha zona na que se ven traballando para eliminar especies invasoras e recuperar a biodiversidade. Partiremos para a zona de traballos desde Froxán ás 9:30.
Podedes apuntarvos até o venres 12 de abril enviando un email a info@montescola.org
Ofrecerase o tradicional xantar de albaroque ao finalizar os traballos.
VÉMONOS NO MONTE !!!
Comments are Closed