8 de xuño: eliminación de especies invasoras nos Montes do Chá (Ferrol)
O sábado 8 de xuño a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a continuar coa erradicación da invasora Helichrysum petiolare.
A técnica de erradicación é sinxela e básicamente manual polo que é moi importante que as persoas voluntarias traian luvas preferentemente de coiro pois no terreo hai brotes de toxos mesturados cos helichrysum a erradicar.
Traballaremos repasando a zona onde se actuou o ano pasado e atacaremos algún pés consolidados na contorna dos miradoiros, para estes últimos pode ser de utilidade a fouce e o sacho, a organización dispón dalgunha ferramenta máis as persoas voluntarias tamén poden traela se o desexan.
Trátase dun traballo sinxelo nun terreo de pouca pendente e desbrozado polo que a xornada é perfectamente apta para crianzas e persoas maiores. Se hai tempo farase un roteiro polas mámoas do monte e o recinto dos cabalos.
O punto de encontro será ás 9:00 h no Viso (Entre san Cristobal e Martín) hai unha explanada onde deixaremos os coches, fronte a ela un camiño que sube ó Chá e a 500 m comeza a zona de actuación.
https://www.google.com/maps/
Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista http://verdegaia.
Tras a actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo, para iso cada persoa deberá traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.
VÉMONOS NO MONTE !!!
Comments are Closed